sábado, 27 de marzo de 2010

Poemario. Galego.

Os cidadans.

O músico.

O músico está bébedo.
Lanzóunos misís con forma de La.
Escribíu a letra máis dolorida sobre a faz dá terra.
Acompaña as melodías
con estribillos de longos berros.
Chea o auditorio de ideas,
gústalle estimular o que os demás non se atreven.
Toca os seus instrumentos
con dionisíacas cicatrices nos dedos.
Arróxase con valentía ó matadero,
nunca sabe se os aprausos daranlle a vida ou traeranlle a morte.
E aquí ven outra vez a carga…
Non sen antes dicir, que moitas gracias a todos por vir.


O Matemático
.

Con todas as cantidades de variables, o suplicio das probabilidades
levóuno a simplificarse a enésima potencia.
Perdeu o sentido do seu cálculo
Porque a norma non tivo veracidade.
¡Aquí si! ¡Señor matemático!
¡Aquí, o orden dos factores si altera o producto!
A súa maquiniña para calcular,
chea de polvo no recuncho sucio das suas lamentacións,
reprícalle cunha sóa protesta:
¡Error! ¡Señor matemático! ¡Error!


O Cociñeiro.

Coas túas bagoas
poño a hervir o meu corazón.
Sazono con fina sal a dor das heridas.
O pracer chega o coller o coitelo…
Coa destreza que ti me ensinaches
desparramo o meu odio con certeiros aluvións prateados.
A sangue que verten as miñas entrañas
demostra o suculento que é para mín este prato.
¡Qué aproveite meu amor!, ¡felicitacións para o cociñeiro!.


O durmido.


O que está sobre a cama é o durmido,
chegou envolto en medo,
pasou polas nosas mans
e xa fai duas luas cheas
que está a soñar.
Uns din que co amor que nunca tuvo,
outros que cos castigos que ten merecido;
incluso os hai que pensan que deixou de ser home,
que é a luz cegadora que lles apunta os ollos.
Eu pola miña parte manteño o control,
porque onde non poden chegar hai un soño dentro de outro soño.
¡Máis desperto, canto máis durmo!
¡Máis desperto, canto máis durmo!
¡Máis desperto, canto máis durmo!
Vos será máis comprensible cando vos veñades abaixo.


O trapecista.


O trapecista volveu saltar.
As caras de asombro son as que máis lle compracen.
Séntese afortunado, e mellora con cada aprauso.
Concentrado coma un caracol,
surca o aire dun divertido cirque du soleil.
As pinturas máis famosas crean seres coa sua nova cara,
e as cores que lanza hacia o triste e repetitivo teito
amósannos a súa especial virtude.
¡Quén poidera chegar tan alto!
¡Quén poidera chegar tan alto!


O Olleador.

Xa estás peinado e limpo,
o teu soriso de xeo e inigualable,
afía ben o teu discurso e prepara as tuas botas de suela imperial,
moi forte terás que pisar se queres convencer ó olleador.
Escollerache, pode ser, pero; recorda ben,
o teu único obxetivo nesta empresa é desfacerte da tua humanidade;
o olleador o vera con claridade na tua mirada,
estás completamente preparado,
¡asegúrocho!, ¡asegúrocho!
só tes que soltarte un pouco.
Pronto veranche en acción…
Desearíache sorte pero sei que o tes todo ben previsto.
Se non sempre che quedara un plan alternativo
Sei dun que che vai coma anel o dedo…


O cuentista.


Todos estamos cheos de historias que contar
Uns aventuras e viaxes,
outros encruzilladas e dilemas,
anécdotas dunha vida desvergonzada ou noites de amor e fala.
Onte coñecin o home das vidas inventadas,o cuentista, o pregoneiro dos soños curiosos.
Toma esta copa da verdade e séntate o meu carón, escoita o que che ten que contar.


O Barqueiro.

Dende pequeno emocionaballe o mar
Tanta enerxía nun pedaciño de mundo…
¡Surcaréino pronto! Dicíalle ao seu querido papaito .
¡Sempre co corazón limpo, sempre coa cabeza erguida! Contestáballe cheo de experiencia…
Suas mans agora fortes portan suas esperanzas en forma de madeira.
Abanease artísticamente coas gaivotas sempre confesoras por banda sonora.
É a frecha trepidante e sinuosa que desexa chegar o máis hondo do centro da diana…
O mellor de todo… regálanolo con candidez, nos temos a oportunidade;
Bríndanola todos os fins de semana coa chegada dos silbidos invisibles e os matices seductores…
Tan cerca como anos de meditación… Meditación…
Eu tamén tiven un pai, cando él, nas rocas máis fermosas de S.Vicente do Mar e todavía cos pes mollados, contábame toda esta historia eu, sempre lle preguntaba:
¿Cómo un simple barqueiro é capaz de facer todo iso?


O ciclista.

Xa son moitos os anos dedicados a sufrir.
¡Sempre escalando, sempre escalando!
Có suor cegando os meus ollos,
coa lingua chea de sal.
Os meus brazos bicolor queren recibir o que merecen.
Non vai pasar, dende hoxe expando o meu corazón
e, que bombee sangue, que bombee toda a sangue do mundo;
que me faga sorir, que me fortalezca para chegar o máis pleno a meta.
Son só desexos dun que pedalea,
do que viaxa nos lomos da esperanza.
O meu corpo está limpo, miña mente ferve, ferve, ferve…
A miña bicicleta necesita unha renovación,
unhas mans coidadosas e precisas.
É o meu futuro o que está en xogo.
É o futuro do ciclista.

No hay comentarios:

Publicar un comentario